Feira Medieval de Noia
A mediados do mes de xullo, a vila de Noia acolle a súa Feira Medieval. Este tipo de actividades xa se converteron en habituais ao longo de toda Galicia, pero as especiais condicións do barrio histórico de Noia fan que este certame encaixe perfectamente co escenario recibindo un enorme apoio popular. Máis de 150 postos de alimentación ou de artesanía combínanse con talleres e desfiles nunha fin de semana no que a diversión non se detén nunca: 14-15-16 de xullo.
leer más