Feira Celta

O seu valor histórico e a beleza do emprazamento  converteron ao Castro de Baroña nun dos escenarios máis representativos de Galicia. A súa importancia expándese por toda a nosa comarca, impregnando distintos aspecto da vida social.

Así sucede co caso que nos ocupa: o espectacular castro está na orixe da Feira Celta de Porto do Son, unha especie de recoñecemento aos nosos antepasados que encherá de alegría as rúas da localidade os días 28, 29 e 30 de xullo. Entre os postos de alimentación a artesanía destacan uns impresionantes pasacalles baseados en lendas e tradicións milenarias.

leer más