ESTALEIRO CIPRIÁN: MUSEO DA CARPINTARÍA DE RIBEIRA.

Espazo Museístico da Carpintaría de Ribeira “Estaleiro do Ciprián” é un proxecto de rehabilitación integral dun estaleiro para reconvertelo en museo sen perder a esencia industrial da súa actividade económica principal: a construción de barcos. O proxecto consta de varias fases na que ademais da rehabilitación (incluíndo as ramplas e urbanización da contorna) e musealización do estaleiro, fixéronse novos espazos de traballo e promoción turística: caseta de información turística, baños e almacén. Este proxecto mellorou a contorna litoral e paisaxística no seu conxunto e dotou ao concello de Outes dun novo espazo cultural, patrimonial e industrial de primeira orde que non existe en ningún outro punto da xeografía galega.

Horarios: de martes a sábado, de 10.00 a 13.00h e de 17.00 a 20.00. Domingos de 10.00 a 13.00h. Teléfono: 625 331 095.

leer más