Carrilanas de Esteiro

Os días 14, 15 e 16 de xullo, a parroquia de Esteiro en Muros volverá encherse con motivo dunha nova celebración da súa baixada de carrilanas. As Carrilanas de Esteiro, unha proba de vehículos artesanais só movidos pola inercia dunha costa de 2,5 km., conta con tanto auxe e respaldo popular que mereceu a distinción de Festa de Interese Nacional.

O seu gran impulsor, “Gerente”, abandonounos recentemente, pero o seu legado continúa desde hai 33 anos, convertido nunhas datas clásicas do verán na Ría de Muros Noia.

leer más