Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia

Unha forma diferente de conseguir "a compostela"

Unha ruta marítima de tres xornadas que nos acercará á Ría de Muros Noia, para desde ahí levarnos a Santiago e obter a “Compostela”.

Os documentos históricos que certifican a existencia dun roteiro de peregrinación a Compostela desde a Ría de Muros Noia, contan sempre cunha compoñente mariñeira: a Segunda Cruzada, cuxa flota,composta por máis de 200 naves funda co Camiño da Ría de Muros Noia; o “Portus Apostoli” ou carta fundacional da vila de Noia do ano 1168 concedido polo rei Fernando II; a ruta comercial do século XV do navegante veneciano Pietro Querini e a carta que Carlos V escribe ao gobernador de Galicia esixindo a liberación de 50 peregrinos franceses apresados no porto de Muros, son moi claros exemplos.

Isto levounos a unha nova proposta: o Camiño Marítimo da Ría de Muros Noia, un novo camiño recoñecido oficialmente para obter a Compostela.

As normas aprobadas polo Cabildo Catedralicio da Catedral de Santiago indican os seguintes requisitos:

En primeiro lugar portar e selar a Credencial do Peregrino, un documento válido para os que realizan o Camiño con sentido cristián, aínda que só sexa en actitude de búsqueda.

Tamén é necesario que a travesía sexa de alomenos 90 millas náuticas e ir selando a credencial en tódolos peiraos que marca a ruta. Un requisito que cumpren os navegantes do norte de Europa que arriban ao porto de Muros ou ao Club Náutico da Portosín, pero que tamén se alcanza desde Baiona ou Vigo navegando polas Rías Baixas e selando a credencial nos portos da ruta. Unha navegación que, os que carezcan de veleiro (e incluso de experiencia) tamén poden realizar apuntándose nas rutas que organiza a empresa Sailway.

Para completar o Camiño, teremos que camiñar polo menos os últimos 12 km do Camiño da Ría Muros Noia, selando a credencial na localidade de Bertamiráns e finalmente na oficina do Peregrino unha vez cheguemos á ciudade do Apóstol.

leer más