Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia

A oficialización do noso histórico Camiño De Santiago avanza a bo ritmo

Nove concellos colaborarán na delimitación do itinerario cultural a Compostela desde a #RíadeMurosNoia.

O Pazo de Raxoi acolleu recentemente o acto de firma do convenio de colaboración entre os  Concellos de Ames, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Porto do Son, Rois e Santiago para a delimitación do itinerario cultural a Compostela pola ría de Muros Noia. O obxectivo dos nove  concellos é que este itinerario sexa recoñecido primeiro como roteiro histórico, e posteriormente obteña a declaración oficial de camiño de Santiago. Para iso, xa se avanzou na recompilación de diferente documentación histórica, grazas ao financiamento da Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros-Noia.

O estudo elaborado, tal e como lembrou a alcaldesa de Lousame, sinala que «hai unha base sólida para demostrar a  historicidade deste itinerario de peregrinación, aínda que será previsiblemente nas próximas semanas cando teñamos o informe completo». Agora, apuntou Teresa Villaverde, «realizarase un traballo de campo intensivo para determinar a delimitación do trazado definitivo, e facerlle chegar as conclusións á Dirección Xeral de Patrimonio dá Xunta de Galicia».

leer más