A carpintería de ribeira
Poucas veces atoparemos un vínculo tan forte como o que existe entre o Concello de Outes e a carpintería de ribeira.
Unha madeira de calidade, especialmente adecuada para a navegación, foi o primeiro piar sobre o que se consolidou esta relación. Á súa sombra, aos poucos todo o contorno litoral de Outes foise enchendo de pequenos estaleiros e de serradoiros.
Un enxame de operarios traballaban nesas empresas situadas a beiras do mar, de aí o alcume polo que eran coñecidos: os carpinteiros cos pes mollados.
Hai xa algúns anos, o Concello de Outes organizou un roteiro para que se puidesen coñecer os vestixios de toda esa cultura, hoxe tristemente desaparecida, pero que é xerme dos estaleiros actuais que aínda se atopan na ría.
O segundo paso para lembrar esta relación foi a creación do que se coñece como “roteiro emocional”, unha recreación virtual de todas esas vivencias e de todo ese saber facer, recollido en forma de testemuños: aquí.
Recentemente deuse o terceiro e definitivo paso. Un desas carpinterías de ribeira, o Estaleiro Ciprián, foi rehabilitado para converterse no Museo da Carpintería de Ribeira.
Se desexas coñecer a historia da carpintería de ribeira en Outes e toda a esencia desta actividade artesanal e industrial, estes son os horarios de visita:
- venres de 16 a 20h
- sábados de 10 a 14 e de 16 a 20h.
- domingos de 10 a 14h
- Resto dos días pódese concertar cita chamando ao 662523582.
O Estaleiro de Ciprián está na Praia de Broña, Outes.
leer más
Ubicación
O Estaleiro de Ciprián está na Praia de Broña, Outes.
Calendario
venres de 16 a 20h
sábados de 10 a 14 e de 16 a 20h.
domingos de 10 a 14h
Resto dos días pódese concertar cita chamando ao 662523582.