100 anos de Confraría de Portosín
A Confraría de Portosín celebra unha nova edición de Azul de Portosín, a marca dedicada a destacar as especies máis capturadas na localidade (xurelo, sardiña, cabala e anchoa), que elaborarán Ofelia de MasterChef e o Chef André Arzúa, presentados polo xornalista da TVG, Juan Fuentes.
Nesta ocasión celébranse ademais os 100 anos da Confraría, polo que, ademais dunha homenaxe aos maiores, fixado para as 13h., haberá inchables para os pequenos (19 h.), actuación de Habaneras de Noia (21:30h) e concerto da Banda de Balbina (22 h.).
leer más